O venres 16 de decembro, coincidindo co Mercadillo de xoguetes, organizamos dous obradoiros de Adornos de Nadal, totalmente gratuitos dirixidos a Infantil e a Primaria.
No de Infantil, tivemos pleno, 20 nenos e nenas que fixeron un boneco de neve con arroz e calcetíns, e crearon unha bola para o árbol de Nadal con lá.
Temos que dar as grazas a Ana, pola súa colaboración desinteresada e a súa paciencia. Os peques quedaron encantados/as!
Para o obradoiro de Primaria, Elena e Nani, dúas nais do cole, curráronse unhas bolas de neve chulísimas. Con materiais sinxelos conseguiron un resultado precioso!
Aquí tedes algunhas fotos: