Actividades Anpa · Evento

Agradecemento polo Mercadillo de xoguetes

A directiva da Anpa quere agradecer a tódalas familias que de xeito desinteresado doaron os xoguetes para poñer en marcha esta iniciativa. Foi unha auténtica sorpresa a vosa xenerosidade!

No mercadillo houbo bastante afluencia de nenos/as, que desde 1 € levaron xoguetes estupendos, moitos case novos, facendo un exercicio de reciclaxe e mesmo de consumo responsable.

O diñeiro recadado coas vosas aportacións foi de 157 €. Adicaranse a programar máis actividades no colexio, mesmo como os obradoiros que tiveron lugar o venres de Adornos de Nadal, nos que participaron 30 nenos/as.

Temos que agradecer moi especialmente ás nais que se ofreceron para impartir desinteresadamente estas actividades: a Elena, Nani e Ana. Mil grazas, fixéchedes moi bo traballo!!

Parte dos xoguetes foron entregados directamente ao centro, en particular para o comedor e para as aulas de Infantil.

Os xoguetes que non se venderon serán donados a Dignidad e Cáritas.

Esperamos que se poida repetir un Mercadillo de xoguetes o ano que ven, e mellorar no que se poida. Grazas ás nais e pais voluntarios que nos axudáchedes a organizar todo. Cada día somos máis!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s