O mércores 15 de FEBREIRO ás 17:00 h, celebrouse unha xornada dirixida ás NAIS e PAIS do alumnado do CEIP Esteiro sobre RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS.
A charla, ofrecida por expertos policiais do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, abordou os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual “child grooming”, ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles “sexting”.