Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron as nenas e nenos no obradoiro deste venres. Houbo personaxes de todo tipo, desde Tiranosaurus Rex ata Darth Vader…e historias do máis imaxinativas. Agora toca practicar na casa!
Grazas de novo a Elena e Nani, por colaborar de xeito altruista nisto. Xa estamos esperando a seguinte que argalledes!