Para celebrar a Semana do libro, hoxe organizamos uns obradoiros adicados aos libros.
Unha vez máis, contamos coa axuda de Ana para facer un obradoiro de elaboración de minilibros, onde os nenos e nenas de primaria deixaron voar a súa imaxinación.
Cos peques de infantil, Carolina e Natalia, nais do noso cole, fixeron un obradoiro creativo de marcapáxinas. Conseguiron que saísen encantados, dispostos a usar os seus marcapáxinas canto antes.
Tamén coñecimos a “Javierín Montaña e Pablito Catarata” (pais do cole tamén), que nos ofreceron un conto salvaxe, moi ben ambientado, que rematou cos cativos e cativas bailando 🙂
O noso primeiro mercadillo de libros tivo unha boa acollida entre as familias. Tivemos moitas donacións durante esta semana, tanto de libros infantís como de adultos. Houbo verdadeiras gangas, e conseguimos unha recaudación de 100 euros. (Moi ben!)
Moitas grazas a todas e todos por colaborar coa Anpa, en especial ás nais e pais que se ofrecen de xeito desinteresado a facer actividades (Ana, Carolina, Natalia, Javier e Pablo: é unha sorte contar con vós)
Agora a disfrutar da ponte do Primeiro de maio, e a ler moito!!