Este ano queremos ofrecer ás familias do CEIP Esteiro o campamento “Conciliaverán” , que xestionará Gazapo Escuela Multidisciplinar.
Lugar: CEIP ESTEIRO
Data: do 26 ao 30 de xuño
Horario: de 9 a 14 h.
Data límite de inscrición: 9 xuño
Haberá un máximo de 25 prazas para este campamento, e a adxudicación de prazas farase por rigurosa orde de inscrición, dando prioridade ás socias e socios.
Actividades e obradoiros programados:
- Cociña
- Reciclaxe
- Medioambente
- Manualidades
- Actividades deportivas
- Gymkanas multideporte
- Xogos tradicionais
- Búsqueda de tesouro
Contará tamén con recunchos permanentes de lectura, puzzes, construccións, debuxo,etc
Os prezos:
Socios/as ANPA: Semana 40 € Día solto: 15 €
Non socios/as ANPA: Semana 50 € Día solto: 18 €
Para máis información no local da Anpa, en horario de 9 a 9,30 h ou a través do correo: anpa.ceipesteiro@yahoo.es