Despois da boa acollida do ano pasado, a ANPA do CEIP Esteiro volve a organizar un MERCADILLO DE XOGUETES de segunda man. Para iso, solicitamos a colaboración e xenerosidade de todas as familias.
Necesitamos que donedes xoguetes que xa non usen os vosos fillos/as, que estean en bó estado, limpos (no caso de peluches) e íntegros (no caso de puzzles ou xogos de mesa). Agora que ven o Nadal, é unha oportunidade de facer limpeza na casa!
No mercadillo, que será o día 15 de Decembro venderemos os xoguetes donados a un prezo simbólico (entre 1€ e 5 €).
O diñeiro que recaudemos destinarase á realización de actividades dirixidas a todo o alumnado do CEIP Esteiro.
Os xoguetes que non se vendan, donaranse a diversas ONGs (Dignidad, Cruz Vermella, etc).
- RECOLLIDA DE XOGUETES: Ata o 14 de Decembro. No local da Anpa no seu horario habitual
- MERCADILLO: 15 de Decembro, de 16 a 19 h. No centro escolar
Tamén contaremos coa actuación de TRINKE TRINKE, nun CONTONTOS TEATRAL, o mesmo venres 15 ás 18 horas. É gratuito!
Teremos xoguetes, contacontos, galletas, e máis sorpresas…NON FALTEDES!
