Para este curso propuxemos a varias escolas e clubes deportivos de Ferrolterra a posibilidade de ofrecernos algunha sesión de portas abertas no cole, de xeito que os nosos nenos e nenas teñan oportunidade de probar novas disciplinas deportivas: esgrima, tenis de mesa, skate, tiro con arco, rugby…
Comezamos este mes coa primeira xornada de portas abertas:
O xoves, 14 DE DECEMBRO, ÁS 18 HORAS, teremos no colexio de Esteiro unha clase gratuita de IOGA EN FAMILIA, ofrecida pola empresa colaboradora coa ANPA, Mandala Estudio de Yoga.
As prazas son limitadas, polo que en principio resérvanse aos socios/as. É preciso inscribirse previamente no local da Anpa.
Esperamos que sexa do voso agrado e o disfrutedes.