Por fin tivemos a xornada adicada á Escalada!
Nesta ocasión, foron Patri e Miguel, dous pais do cole expertos neste deporte, os encargados de amosar aos nenos e nenas técnicas básicas, e motivalos para practicar a escalada.
Despois de ver unhas fotos na aula de diferentes situacións (de más fácil a máis dificil) puideron probar eles mesmos os materiais, incidindo sempre na seguridade.
Os alumnos/as disfrutaron moitísimo e se meteron de cheo no papel de escaladores…ainda sen ter rocódromo!
Moitísimas grazas Miguel e Patri, por regalarlles o voso tempo (e coñecementos!). Seguro que máis dun anímase a facer escalada a partir de agora. 😀