O vindeiro xoves 12 de ABRIL ás 16:30 h, celebrarase unha xornada dirixida ás NAIS e PAIS do alumnado do CEIP Esteiro sobre RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS ( Whatsapp, Instagram, Facebook, xogos en línea, etc)
A charla, ofrecida por expertos policiais do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, abordará os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual , ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles.
Durante estes días, os nenos e nenas tamén recibirán formación sobre esta temática. É moi necesario coñecer os riscos e saber como evitalos.
Cómo pode un menor protexerse en Instagram? Cómo se configura a privacidade? Quen pode compartir as miñas fotos do perfil de Whatsapp? Estas e moitas outras cuestións de interés falaranse o xoves. Merece a pena informarse! Non vola perdades!