Para celebrar a Semana do libro, o vindeiro venres 27 de abril, de 16.00 a 19.30 h organizaremos un mercadillo solidario, onde venderemos os libros que previamente as familias do cole donedes, ben porque xa non os leades, ou porque queirades darlles unha segunda oportunidade e que outras persoas poidan leelos.
Os libros poden ser infantís ou para adultos, o único requisito é que o seu estado sexa aceptable para o seu uso.
Poderedes adquirir os libros por un prezo simbólico, entre 1 e 3 euros, e a recaudación irá destinada á organización de actividades da Anpa para todo o colexio Esteiro.
Para a donación de libros: do 16 ao 26 de abril no local da Anpa
O ano pasado tivo moito éxito, este temos que superalo! Os esperamos!
¡FOMENTEMOS A LECTURA!
Estas son as ACTIVIDADES PROGRAMADAS para o venres 27:
- OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS con Elena Serantes
Hora: 17 h. Dirixido a nenas e nenos de Ed. Infantil
Necesaria inscrición previa. Con preferencia para os socios/as
- CONTACONTOS INFANTIL con Javierín Montaña y Pablito Catarata
Hora: 18.15 h. Entrada libre
- OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING con Sonia Vilar
Hora: 18.15 h. Dirixido a nenas e nenos de de 3º Primaria en adiante.
Necesaria inscrición previa. Con preferencia para os socios/as