O venres 27 fixemos o Mercadillo de libros cun bo resultado, tanto pola tarde animada que conseguimos no cole, como pola venda de libros coa que conseguimos unha modesta recaudación de cartos, que van directos á hucha para organizar a festa do deporte de xuño (grazas a tod@s por donar e mercar libros!)

Tamén tiveron oportunidade @s alumn@s de sexto de amosar as súas habilidades comerciais nun posto de venda de aguacates (recollidos directamente ese día da árbore do patio) e outros produtos artesanais (marcapáxinas, animais de papiroflexia, flores de papel, …) Non lles foi nada mal coa recaudación para a súa excursión de fin de curso.
Moi ben pola súa iniciativa!!
Nesta ocasión, os obradoiros foron un luxo:
Scrapbooking para os máis maiores, que confeccionaron unha libreta súper chula, coa axuda de Sonia Vilar, (que por certo donou varios álbumes e libretas para vender no mercadillo). O próximo obradoiro teremos que facelo tamén con nais e pais, porque quedamos todos impresionados. Grazas Sonia!
Os máis peques fixeron marcapáxinas, recortaron, pegaron, pintaron…fixeron varios modelos diferentes con formas de animais. Elena Serantes foi a encargada das ideas e de organizar o obradoiro, que foi un éxito. Saíron moi content@s coa súa obra. A ver canto lles dura 🙂 Moitas grazas Elena!
E un ano máis, tivemos o contacontos musical con Javierín Montaña, Pablito Catarata e Aitor Menta. Resultou xenial. As aventuras de Carolina enganchan. Teremos unha nova edición o ano que ven? Oxalá! Grazas aos 3 exploradores pola vosa entrega!
Podedes deixar comentarios e as vosas impresións sobre o mercadillo.
O máis importante é que os libros se lean, se compartan, se regalen e se disfruten! 😀