Desde a Confederación de ANPAS Galegas anímase ás familias a sumarse a insubmisión á realización das probas de reválidas de 3º e 6º de Primaria, non enviando aos nosos fillos e fillas ao colexio os días da celebración das probas (23 e 24 de maio)
Na Asamblea xeral celebrada onte pola Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, (na que se inclúe a ANPA Esteiro) acordouse celebrar unha xornada para informar ás familias sobre os motivos do rexeitamento ás reválidas e dar resposta a todas as dúbidas.
Esta xornada terá lugar o luns 21 de maio, ás 18.30h no Centro Cultural Carballo Calero do Inferniño.
Animámovos a que asistades. Contamos coa vosa participación!