Na xornada que organizamos neste comezo de xuño, os nenos e nenas puideron probar e disfrutar diferentes xogos de mesa, tanto de habilidade e azar, como de estratexia e deducción.
Cada participante (máis de 40 en total) tivo que rematar varias partidas e acuñar a súa ficha de xogo para conseguir un agasallo.
Estiveron repartidos en dúas zonas, unha para os máis pequenos (ata 5 anos) acompañados por adultos e outra co resto.
Moitas grazas a Asociación Gaikai por colaborar e axudarnos nos xogos!
Pasástelo ben? Cal foi o voso xogo preferido? Contádenos!