Extraescolares

Actividades extraescolares 2018-19

Atendendo ás preferencias amosadas na enquisa que se fixo durante o curso pasado, a Anpa do CEIP Esteiro oferta para este ano as seguintes actividades:

  • COCIÑA (Ed. infantil e Ed. Primaria)

Luns de 16:15 a 17:45 h.  Prezo: 12 € (socios/as); 14 € (non socios/as)

Un ano máis contamos coa empresa Tempus para esta actividade. Se alguén quere probar unha clase de xeito gratuito, pode facelo anotándose previamente.

 

  • e-MAKERS: ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN (De 4 a 12 anos)

Venres de 16:00 a 17:30 h ; Prezo: 28 € (socios/as); 30 € (non socios/as). Desconto para irmá/ns: 25 €/nen@

Como novidade, neste curso contaremos coa empresa Espacio Vivo.

ATENCIÓN! O mércores 19 ás 16.15 h haberá unha xornada de portas abertas no cole, con demostración das actividades programadas: robótica, drons, programación, impresión 3D, electrónica…

Se queredes vir a probar e pasalo ben, tedes que anotarvos por email anpa.ceipesteiro@gmail.com) antes do martes.

Ademais a todos e todas os que vos inscribades ese día, obteredes un desconto de 10 € na primeira cuota mensual.

A celebración das actividades están condicionadas á formación de grupos cun mínimo de alumnos/as. O pago das mensualidades debe realizarse por adiantado.

PODEDES INSCRIBIRVOS A ESTAS ACTIVIDADES E ÁS OFERTADAS POLO CONCELLO NA FOLLA ENTREGADA POLO CENTRO OU NO ENLACE SEGUINTE:

FORMULARIO ACTIVIDADES

DATA LÍMITE: 21 DE SETEMBRO

Deixar un comentario