Hoxe tocounos xogar no cole a un montón de xogos novos que nos trouxo O MUIÑO DO FABAL.
Xuntáronse preto de 25 nenos e nenas na aula de usos múltiples e tiveron oportunidade de botar varias partidas de xogos de azar, habilidade e estratexia. O certo é que descubriron algúns xogos súperdivertidos, e axeitados a súa idade. Moitas grazas Emilio pola túa colaboración!
Por outro lado, organizamos o I pre-Torneo Mundial (de Esteiro) de Pokemon…Ou polo menos o intentamos! 😀
Repartidos nas mesas do comedor, os máis pequenos e pequenas descubriron a dinámica de xogo das cartas Pokemon, todo de xeito moi participativo. Sen dúbida a maioría quedou con ganas de máis, teremos que pensar nas próxima edición do curso que ven!