Nos próximos días darán comezo as actividades recollidas no PROGRAMA DE IGUALDADE que organizamos na Anpa, grazas a axuda recibida da Secretaría xeral de igualdade.
Inclúen:
–Obradoiros nas aulas para recoñecer e eliminar os estereotipos de xénero, ou promover relacións respetuosas de igualdade entre homes e mulleres.
Imparte os obradoiros Atalaia Social, en dinámicas grupais, co eixo das historias “Irina Bailarina” e “Maruxa”.
–Contacontos e obras teatrais no cole.
No conto “Cores” de Lidia Pena se traballa cos máis pequenos e pequenas a igualdade, e na obra “Contos de nenas grandes e pequenas” da Tropa de Trapo, cóntanse historias de mulleres protagonistas moi diferentes.
–Un mural artístico no patio no que colaborarán todas as nenas e nenos do cole, coa igualdade como motivo principal.
A artista Carmen Martín Serantes dirixirá un obradoiro que durará varios días, para crear unha pintura nunha das paredes do patio cuberto e visibilice a igualdade de xénero.