Volve o cine ao cole! Nesta ocasión, co gallo do Samain, imos ver a peli de “COCO“.
Será o mércores 30 de outubro, ás 18h na aula de usos múltiples.
Como en anteriores ocasións, imos ofrecer palomitas e auga a todos os nenos e nenas do cole de Esteiro, pero é necesario que recollan antes un “vale” na ANPA. Deste xeito podemos levar un control da xente que vai a vir e das palomitas que temos que preparar!!
Lembrade que cada pequen@ten que vir con un adulto responsable.