Actividades Anpa

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2020.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL.

A ANPA do CEIP Esteiro convoca o Concurso de postais de Nadal para todos os alumnos e alumnas do Colexio Esteiro. Se queres participar, entrega a túa postal a o teu titor, ate o dia 15 de Decembro. Haberá PREMIOS para as postais gañadoras de cada curso educativo.  

Consulta as bases a continuación:

BASES DO CONCURSO POSTAIS DE NADAL ANPA CEIP ESTEIRO 2020.

A ANPA do CEIP Esteiro convoca o seguinte Concurso de postais de Nadal para todos os alumnos e alumnas do Colexio Esteiro, da cordo coas seguintes bases:

1- Participantes: Todos os nenos e nenas do CEIP Esteiro

 2- Tema: O tema das postais será calquera temática que teña que ver co Nadal.

3- Características das postais: Cada alumno/a poderá presentar unha postal como máximo, e debe ser necesariamente autor/a da mesma.

4- Prazo e modo de entrega: A data límite de entrega é o 15 de decembro. A postal entregarase ao tutor de cada clase, indicarase o nome do alumno na parte posterior da postal.

5- Xurado: O xurado estará composto por personal do centro educativo. O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer o día 18 de decembro.

6- Premios: O xurado elixirá 9 postais gañadoras (unha de cada curso) que se publicarán na web da ANPA. Os premios consistiran en un cheque regalo valorado en 15 euros a canxear nunha das xogueterías colaboradoras coa Anpa.

 7- Dereitos de uso: As postais serán expostas no colexio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s