Bo día. A asemblea realizarase este xoves 30 ás 18:30 en primeira convocatoria , e as 19:00 en segunda, a través da plataforma jitsi.
No ordenador non é necesario instalala (aínda que se pode facer), no teléfono móbil sí (gratuita para Android e IOS).
Para acceder á asemblea podedes ir a https://meet.jit.si/ e poñer o nome da reunión: ASAMBLEAANPACEIPESTEIRO e o mesmo procedemento unha vez que abrimos a aplicación no móbil. Ou ben directamente no seguinte enlace: https://meet.jit.si/ASAMBLEAANPACEIPESTEIRO
É convinte que nos identifiquemos co nome e apelidos, a efectos de asistencia, votacións, etc.
Se non temos unha boa conexión de internet ou datos (se estamos na casa podemos utilizar a wifi), mellor desconectar o vídeo. Para as votacións, ou para preguntar en casos de mal audio poderemos utilizar o chat, cadradiño abaixo á esquerda de todo. Cando queiramos intervir clicamos no botón de alzar a man, no móbil nos tres puntiños de máis opcións abaixo á dereita.
Unha aperta