Información Anpa

Asóciate ao ANPA de Esteiro!!!

A continuación indicamos as instruccions para facerse socio do ANPA, a ficha de alta para novos socios, se pode descargar en esta entrada.

As ventaxas de ser soci@ da Anpa son:

  • Terás acceso a información específica sobre o colexio, as actividades da ANPA e eventos de interés fora do colexio, a través de medios electrónicos que facilitan a rapidez e eficacia da comunicación:
  • Terás acceso a descontos exclusivos en distintos establecementos colaboradores
  • Terás unha subvención nas cuotas das actividades organizadas pola ANPA (actividades extraescolares, excursión de fin de curso, etc.)
  • Terás preferencia na asignación de prazas en algunhas das actividades organizadas pola ANPA
  • Terás representación ante a Dirección, no Consellos escolares, comedor, etc.
  • Colaborarás en que se manteñan  actividades que son responsabilidade exclusiva ou compartida da ANPA, así como na promoción e posta en marcha de novas iniciativas.
  • Colaborarás para que se realicen outras actividades en beneficio dos nenos e nenas e  na mellora das condicións do colexio (campamentos, excursións, festas, compra de material educativo especial, etc.).

Deixar un comentario