Actividades Anpa

Concurso de Fotografía ANPA Esteiro 2019

Como o ano pasado tivo moi boa acollida, repetimos o concurso de Fotografía ANPA Esteiro 2019. O tema volve a ser "O xogo" e aquí tedes as bases para participar. Bases do concurso fotográfico 2019 Todas as fotos que concursen estarán expostas no corredor do cole. Animádevos a participar!            

Actividades Anpa

Igualdade no CEIP Esteiro

Nos próximos días darán comezo as actividades recollidas no PROGRAMA DE IGUALDADE que organizamos na Anpa, grazas a axuda recibida da Secretaría xeral de igualdade. Inclúen: -Obradoiros nas aulas para recoñecer e eliminar os estereotipos de xénero, ou promover relacións respetuosas de igualdade entre homes e mulleres. Imparte os obradoiros Atalaia Social, en dinámicas grupais,… Seguir lendo Igualdade no CEIP Esteiro

Actividades Anpa · Extraescolares

Inscripción de Actividades extraescolares Curso 2019-2020

Xa podedes facer a inscrición nas actividades do Concello (de balde) e nas que ofrecemos na Anpa (de pago). Envía a túa solicitude antes do día 17 de setembro ás 14h. Este é o enlace: Formulario de Actividades A próxima semana publicaremos as listas provisionais de admitid@s. No caso de que houbera máis solicitudes que vacantes,… Seguir lendo Inscripción de Actividades extraescolares Curso 2019-2020

Actividades Anpa · Evento

Limpeza da praia da Fragata

O próximo día 4 de maio organizamos, a través de Ocean Initiatives, unha limpeza na Praia da Fragata (Covas) a partir das 11:00 da mañá e coincidindo coa marea baixa. O obxectivo desta xornada é concienciar do problema que existe respecto a os residuos que xeramos e cambiar condutas para que no futuro estas accións… Seguir lendo Limpeza da praia da Fragata

Actividades Anpa

Resume do obradoiro de Stopmotion

Ola! Estes días estivemos moi ocupad@s na Anpa organizando cousiñas novas, e non tivemos tempo de contarvos como foi o obradoiro de Stopmotion que organizamos con Explorer 66 no cole.   https://www.youtube.com/watch?v=oJOa5SuJIlA   A experiencia foi boísima, aprenderon a facer o guión, grabar e editar os seus vídeos. E aínda que case non lles deu… Seguir lendo Resume do obradoiro de Stopmotion