venres 14 de decembro MERCADILLO DE XOGUETES (16:00 H) Venda dos xoguetes doados polas familias do CEIP Esteiro. Colaboración do alumnado de 6º EP e venda de calendarios solidarios. Entrega de premios do Concurso de fotografía. TEATRO: “A MÁQUINA DO TEMPO” (18:15 H) Visita da compañía teatral Ghazafelhos e a súa actuación “A máquina do… Seguir lendo Nadal 2018
Categoría: Evento
“A Máquina do tempo” de Teatro Ghazafelhos
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña
Cesta de Nadal colaborativa
Como xa é tradición, na festa de Nadal imos sortear unha cesta con productos típicos destas datas. Contamos coa vosa colaboración para elaborar esta cesta, a través das DOAZÓNS DOS PRODUTOS QUE POIDADES FACER VOLUNTARIAMENTE. Incluiremos tamén na cesta regalos doados por empresas colaboradoras (xoguetes, libros, cheques regalos…) Para o sorteo da cesta hai unhas… Seguir lendo Cesta de Nadal colaborativa
Mercadillo de xoguetes
Festa do Deporte-Circus Magnificus
Chegou o fin de curso, e a festa do Deporte como despedida. Ainda coa calor que fixo, pasámolo moi ben no xantar. Batallas de auga, circo, puzzles xigantes, malabares, chapas, e ata café feito con placa solar! Unha tarde moi completa e divertida! Grazas a Picos do Sol polo seu traballo 🙂 Disfrutade do verán,… Seguir lendo Festa do Deporte-Circus Magnificus
Tarde de Xogos de mesa
O venres 1 de Xuño ás 16:30 h a 18:00 h, celebraremos unha xornada de xogos de mesa como despedida das actividades da ANPA deste curso. Nesta actividade probaremos diversos xogos de mesa un pouco distintos: YUTNORI, VIRUS, ZOMBIES, etc. Tratamos de propoñeros novos xogos para os mais maiores e para xogar en familia para… Seguir lendo Tarde de Xogos de mesa
Día do libro
O venres 27 fixemos o Mercadillo de libros cun bo resultado, tanto pola tarde animada que conseguimos no cole, como pola venda de libros coa que conseguimos unha modesta recaudación de cartos, que van directos á hucha para organizar a festa do deporte de xuño (grazas a tod@s por donar e mercar libros!) Tamén tiveron… Seguir lendo Día do libro
II Mercadillo do Libro no CEIP Esteiro
Para celebrar a Semana do libro, o vindeiro venres 27 de abril, de 16.00 a 19.30 h organizaremos un mercadillo solidario, onde venderemos os libros que previamente as familias do cole donedes, ben porque xa non os leades, ou porque queirades darlles unha segunda oportunidade e que outras persoas poidan leelos. Os libros poden ser… Seguir lendo II Mercadillo do Libro no CEIP Esteiro
Cine no cole: Los pitufos
O venres pasado organizamos a primeira sesión de Cine no Cole. "Los pitufos: la aldea escondida" Estivo moi animada a tarde, contamos preto de 100 nenos e nenas en total! Non quedou ninguén sen palomitas nin auga, e o pasaron moi ben con Pitufina e compañía! https://youtu.be/N5hJ82oxVVU
Entroido 2018 – Festa da Anpa
Onte tivemos a festa de Entroido no cole. Tivemos desfile e concurso de disfraces, merenda, hinchable, música... Grazas a todas as familias por vir a pesar do frío! Este ano inauguramos un photocall artesán, feito por Elena, Sabela e Cris, unhas nais que se incorporaron á Anpa recentemente. Fixeron moi bo traballo!! Grazas!! 😀 … Seguir lendo Entroido 2018 – Festa da Anpa