Qué facemos

A Anpa é unha asociación de nais e pais comprometidos coa mellora da calidade da ensinanza que reciben os nosos fillos/as.

CEIP EsteiroA asociación mantense grazas á participación e colaboración de todos os pais e nais.  Se queremos unha educación pública de calidade é preciso que as familias nos impliquemos no funcionamento do centro.

Se financia coas aportacións das cuotas anuais dos socios/as, coas recaudacións puntuais en eventos organizados e con subvencións da Deputación

As actividades que facemos na ANPA inclúen:

  • Reunións periódicas coa Dirección para tratar os temas que preocupen aos asociados/as e intercambiar novidades e propostas.
  • Apoio e representación das familias nas dudas e conflictos que poidan surxir
  • Participación  no Consello Escolar e nas súas comisións internas, representando aos pais e nais do colexio
  • Participación no seguemento da xestión do comedor, e  propostas de mellora do servizo
  • Planificación, xestión e control  de actividades extraescolares (elaboración de listados de grupos, resolución de incidencias, interlocución  coa empresa que xestiona as actividades)
  • Elaboración de proxectos de actividades educativas e culturais, e xestión de subvencións
  • Organización de eventos e actividades dirixidas aos alumnos e alumnas: Festa de nadal e Entroido, Obradoiros artísticos e creativos, concurso de postais, concurso de relatos, chocolatada de Nadal, sesións de cine, etc
  • Organización de eventos e actividades dirixidas a nais e pais: Charlas formativas para adquirir coñecementos e habilidades  na educación dos fillos e fillas, obradoiros prácticos, actividades de ocio, etc.
  • Organización de actividades destinadas á recaudación solidaria e fins benéficos: Mercadillo de xoguetes e libros, sorteo de cesta de nadal, etc
  • Xestión de recibos e cuotas
  • Contacto con empresas de Ferrolterra para o mantemento de  convenios de colaboración que beneficies aos socios/as
  • Información periódica das novidades a través de circulares, correo electrónico, redes sociais, blog

 

 

Deixar un comentario