As ventaxas de ser soci@ da Anpa son:
- Terás acceso a información específica sobre o colexio, as actividades da ANPA e eventos de interés fora do colexio, a través de medios electrónicos que facilitan a rapidez e eficacia da comunicación:
- Terás acceso a descontos exclusivos en distintos establecementos colaboradores
- Terás unha subvención nas cuotas das actividades organizadas pola ANPA (actividades extraescolares, excursión de fin de curso, etc.)
- Terás preferencia na asignación de prazas en algunhas das actividades organizadas pola ANPA
- Terás representación ante a Dirección, no Consellos escolares, comedor, etc.
- Colaborarás en que se manteñan actividades que son responsabilidade exclusiva ou compartida da ANPA, así como na promoción e posta en marcha de novas iniciativas.
- Colaborarás para que se realicen outras actividades en beneficio dos nenos e nenas e na mellora das condicións do colexio (campamentos, excursións, festas, compra de material educativo especial, etc.).
Para DARTE DE ALTA COMO SOCIO/A debes facer 2 cousas:
1. Cubrir a folla de inscrición (unha por familia) e entregala á Anpa (en horario de oficina, no buzón, ou por email: anpa.ceipesteiro@gmail.com)
2. Facer un único pago anual de 25 € por alumno/a. No caso de ter máis dun fillo/a no colexio, a cota é de 30 €.
Podes facer este pago ao contado na oficina da Anpa, ou mediante unha transferencia bancaria ao número de conta: ES19 2080 0200 4330 4009 6729 indicando no concepto da transferencia “Cuota Anpa+Nome do neno/a”. Por exemplo “Cuota Anpa Fernando García”
Ademáis, se queres ser colaborador/a da ANPA, non dubides en vir a vernos. Sabemos que non tes moito tempo, do mesmo xeito que tódalas nais e pais que formamos parte da Xunta directiva, pero cantos máis sexamos, máis iniciativas e ideas surxirán, e mellor nos organizaremos. Anímate!
As túas suxerencias podes facelas chegar usando a nosa dirección de correo electrónico (anpa.ceipesteiro@gmail.com) ou podes depositar as túas comunicacións no buzón da ANPA.
¡¡¡Máis colaboradores, significa máis capacidade e mellores resultados!!!