Cociña

Empresa: Escola de Tempo Libre Tempus

Horario:

Martes de 16:15 a 17:45h (Grupo de Infantil e grupo de Primaria)

Grupos mínimos de 7 alumnos/as

Prezo: 12 € (socios/as); 14 € (non socios/as)

esteiro 1

Obxectivos da actividade:

. Fomentar hábitos de vida saudables.

. Incorporar hábitos de seguridade e hixiene na manipulación de alimentos.

. Aprender a “ler” unha receita.

. Traballar valores de igualdade entre xéneros.

. Fomentar a creatividade, a independencia no fogar e a autoestima.

. Tomar contacto con diferentes utensilios de cociña acordes coa súa idade e aprender técnicas sinxelas de cociña.

Utilizaranse en todo momento utensilios e enxoval seguros que non ocasionen riscos aos nenos e nenas participantes.