Por fin podémovos informar de todas as actividades programadas para celebrar o I Certame Artístico e Literario ANPA CEIP Esteiro. A finalidade do mesmo é promover a creación literaria e artística, e fomentar o hábito da lectura entre os alumnos/as do CEIP Esteiro.
Esta programación faise ao abeiro dunha subvención concedida á nosa Anpa pola Deputación de Coruña para a realización de actividades culturais durante o ano 2017.
24 de Outubro: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Co gallo do centenario do nacemento de Gloria Fuertes, os nenos e nenas de E. Infantil e 1º E. Primaria coñecerán estes días na aula a obra da escritora, e farán como homenaxe unha ilustración. Con este motivo, A ANPA fará entrega dun AGASALLO a cada alumno/a destes cursos: un bloc de debuxo, unhas ceras de cores e unha goma.
3 de Novembro ás 12h: “CONTIARIO” PABLO PABLISSIMO. Contacontos dirixido a E. Infantil e 1º E. Primaria.
3 de Novembro ás 18 h: “¡MONSTRUOS A MIN!” Obradoiro creativo de Contos de medo para celebrar o Samaín. Dirixido a alumnos/as de 2º a 4º E. Primaria. Gratuito. 20 prazas. Necesaria inscrición no local da Anpa. Prioridade para socios/as.
10 de Novembro ás 18 h: “CÓNTAME UN CONTO”. Obradoiro de ilustración de contos. Dirixido a E. Infantil e 1º E.Primaria. Gratuito. 20 prazas. Necesaria inscrición no local da Anpa. Prioridade para socios/as.
10 de Novembro ás 18 h: “HORA DO COMIC”. Obradoiro de banda deseñada. Dirixido a alumnos/as de 4º a 6º EP. Gratuito. 20 prazas. Necesaria inscrición no local da Anpa. Prioridade para socios/as.
Do 10 de novembro ao 1 de decembro: CONCURSO DE RELATOS CURTOS.
Invitámovos a participar neste concurso nas diferentes categorías: Alumnas/os de 2º e 3º E.P. – Alumnas/os de 4º e 5º E.P. – Alumnas/os de 6º de Primaria – Adultos. Haberá entrega de agasallos (un kit de escritura) a cada participante e un PREMIO valorado en 50 € para cada categoría. Consulta as bases do concurso AQUÍ