BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANPA CEIP ESTEIRO
A ANPA do CEIP Esteiro convoca o seguinte Concurso de Fotografía para todos os alumnos e alumnas do Colexio Esteiro, dacordo coas seguintes bases:
- Participantes:
Todos os nenos e nenas do CEIP Esteiro.
- Tema:
O tema das fotografías poderá ser calquera aspecto relacionado co xogo ou o acto de xogar en calquera das súas expresións.
- Características das fotografías:
Cada alumno/a poderá presentar unha fotografía como máximo, e se permite a axuda de familiares na súa realización.
As fotografías poderán ser en branco e negro ou cor.
As fotografías presentadas serán orixinais e non publicadas noutros concursos.
Non poderán ter ningunha técnica de retoque ou manipulación dixital.
Os traballos que non teñan unha calidade mínima exixible poderán ser retirados do concurso.
As obras se presentarán en formato dixital (.jpg). Ningún arquivo poderá superar os 6 megas.
- Prazo e modo de entrega:
A data límite de entrega é o 9 de novembro.
A fotografía se enviará ao correo anpa.ceipesteiro@gmail.com indicando no Asunto: “Concurso de fotografía”. O correo debe incluir:
- Título da fotografía
- Nome do participante e curso
- Teléfono da nai ou pai e correo electrónico
- O arquivo adxunto da fotografía a concurso
Unha vez recibidas, un/ha responsable da Anpa encargarase de imprimir as fotografías que serán expostas no recinto do colexio e na web da Anpa.
- Xurado:
O xurado estará composto por cinco membros e será designado pola Xunta Directiva da ANPA, incluindo personal do centro con coñecementos en fotografía.
O xurado resérvase o dereito a declarar deserto o premio se os traballos non reuniran ao seu criterio os méritos suficientes.
O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer o día 5 de decembro.
- Premios:
O xurado elixirá 9 fotografías finalistas (unha de cada curso) que se incluirán na revista anual do Ceip Esteiro “Remuiños” co nome do autor/a. Asimesmo se publicarán na web da ANPA e crearanse chapas solidarias con estas fotos finalistas.
O primeiro premio: Un cheque regalo valorado en 30 euros a canxear nunha das xogueterías colaboradoras coa Anpa.
O segundo premio: Un cheque regalo valorado en 15 euros a canxear nunha das xogueterías colaboradoras coa Anpa.
A entrega de premios terá lugar o 14 de decembro coincidindo co Mercadillo de xoguetes que organiza a Anpa do CEIP Esteiro.
- Dereitos de uso:
A presentación das fotografías, sexan ou non premiadas, supón a autorización por parte do seu autor/a para utilizalas pola ANPA na exhibición, publicación e cos fins que se estimen convenientes, citando sempre o nome do autor/a, atendéndose en todo caso ao que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
- Observacións:
Os/as concursantes responsabilizanse totalmente de que non existen dereitos de terceiros sobre as fotografías presentadas, facéndose responsables de calquera reclamación que puidera surxir por supostos dereitos de imaxe ou calquer outro dereito alegado por terceiros.
A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases e o fallo do xurado, que é inapelable.
A organización solventará do xeito que considere máis oportuno as posibles incidencias que puideran surxir no concurso.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña