Actividades Anpa · Información Anpa

Creación da Aula de robótica no CEIP Esteiro

Estamos de noraboa no CEIP Esteiro!

Grazas a subvención da Deputación da Coruña acadada pola ANPA, esta semana fixemos entrega ao centro do material necesario para poñer en marcha unha AULA DE ROBÓTICA.

Dotouse de seis robots mBot Bluetooth, un kit STEAM de robótica ideal para que os nenos e nenas se inicien na robótica, programación e electrónica baseada en Arduino e Scratch. Ademais se adquiriron 6 tabletas HUAWEI de 32 GB e diversos módulos adicionais de estructuras e sensores para os robots. Entregáronse tamén manuais para o alumnado e o profesorado.

A dirección do cole coa implicación principalmente de Jorge, o profesor de 5º, ten previsto poñer en marcha actividades de robótica xa neste trimestre con varios grupos.

Esperamos que esta aula sexa moi productiva!

 

logo-vector-diputacion-la-coruna

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s