Información Anpa

benvidos/as!!

Benvidos/as de novo ao cole!!

Este ano queremos dar continuidade ás actividades postas en marcha nos cursos pasados, pero ademáis temos  novos  proxectos planificados.

Grazas a colaboración da maioría de familias do cole que pertencen á ANPA, este curso levarase a cabo unha mellora do noso centro: a decoración das paredes do patio cuberto con murais e graffitis realizados polos nosos pequenos artistas, tanto de infantil como de primaria. Coordinados co equipo directivo do cole, esperamos facer un bo traballo.

Como sempre, pedimos a vosa implicación na vida escolar dos nenos e nenas e que na medida en que poidades, participedes nas actividades que imos organizando.

ASÓCIATE!!!

A CUOTA da Anpa é anual. É de 25 € por alumno/a, ou de 30 € no caso de ter máis un fillo/a no centro.

Ser socio/a NON compromete a ninguén a participar activamente na Anpa, aínda que agradecemos enormemente a colaboración de nais e pais que ofrecen o seu tempo como voluntarios/as en actividades concretas.

POR FAVOR, se tedes o carné do ano pasado, traédelo para actualizar. Lembrade que é  necesario para obter as vantaxes dos convenios asinados con empresas Colaboradoras.

Podedes contactar con nós no local da Anpa en horario de 9 a 9.30h; a través do correo anpa.ceipesteiro@gmail.com e na páxina de Facebook: Anpa Esteiro Ferrol

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s